martes, 30 de junio de 2009

O tempo e o tráfico

Hoxe, martes, anunciaremos a información do tempo, o lugar das festas ou os cambios no tráfico especiais.


TEMPO: (fonte INM)
Previsión para Ponte Caldelas
VENRES: nubes e claros, máxima 24º mínima 13º
SÁBADO: nubes e claros, máxima 22º mínima 14º
DOMINGO: claros principalmente, con algunhas nubes. Máxima 22º mínima 11º

TRÁFICO:
Os días previos á festa (mércores ou xoves), circular con precaución polo camiño que comunica Cristo Rei e o campo de fútbol "Cruz do Brasil", debido ó traslado das plataformas e carpas por dita vía.

No adro de Cristo Rei farase unha "ronda arredor da capela e da zona da festa, estando o camiño que leva ó centro da festa cortado.

LUGAR DA FESTA:
No adro de Cristo Rei (Baltar, Xustáns). Aínda que pode haber procesións polos camiños de Baltar.

lunes, 29 de junio de 2009

Programación adiantada

Este ano, as festas, durarán tres días (venres, sábado e domingo), sendo o domingo o día grande.

Nesta festividade bailará o grupo "Duos Pontes", de gran importancia na comarca. Haberá tamén catro ou cinco orquestras. Tamén teremos cine, ás 22:00 do venres.

É o adianto dunha programación que publicairei na súa totalidade nos próximos días.

domingo, 28 de junio de 2009

Cristo Rei 2009 ponse en marcha

O primeiro domingo de xullo célebranse en Baltar (Ponte Caldelas, Pontevedra) as festas de Cristo Rei. Así que, a partires de hoxe e ata o luns 6 de xullo, ponse en funcionamento o blog que informa sobre como serán as festas e o que isto conleva, ao igual có ano pasado. Se o desexa, terá a edición en castelán na páxina http://cristorei2009.blogspot.com

Onte comezou a novena das festas, unha misa cada día na capela de Cristo Rei. Durante os próximos dias anunciaranse os cambios-cortes de tráfico, a progrmación ou o tempo previsto para os días 3,4 e 5 de xullo de 2009.